Calendario da actividade por períodos:
- 1º período do 15 de setembro ao 30 de novembro - 2º período do 1 de decembro ao 8 de marzo - 3º período do 9 de marzo ao 31 de maio - 4º período (xuño mensual) do 1 de xuño ao 30 de xuño.
Ver aquí.
Obxectivos xerais:
Proporcionar recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situacións de risco para a nosa integridade.
Aprender o uso de técnicas eficaces en función das nosas capacidades e das características de cada situación.
Ampliar o concepto de autodefensa de maneira que se considere tamén como unha disciplina que debe contemplar o emprego de técnicas para a solución de conflitos sen chegar a un enfrontamento físico.
Dar a coñecer os beneficios que reporta a práctica desta disciplina, que nos proporciona saúde e benestar, tanto a nivel físico como psíquico.
No caso de non cubrirse 11 prazas na sesión das 20:40 esta actividade farase na sala azul.
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.