DESCRICIÓN Persoas que sofren violencia de xénero. DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA Un dos seguintes documentos*: - Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida. - Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero. - Certificación e/ou informe dos Servizos Sociais e/ou Sanitarios da Administración Pública Autonómica ou Local. - Certificación dos Servizos de Acollida da Administración Pública Autonómica ou Local. - Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia. - Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social. - Calquera outro que se estableza legal ou regulamentariamente. *O documento acreditativo de dita condición deberá estar adoptado ou emitido no prazo de 24 meses inmediatamente anteriores á data de rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva. DURACIÓN A validez do abono á categoría B é por 2 anos. Pasados os 2 anos será necesario presentar a acreditación correspondente para poder renovalo.