HORARIOS DE PARTIDOS DO CAMPIONATO
Modelo de competición (10 equipos):
Finalmente en función do número de equipos inscritos que tivemos no Campionato, o modelo de competición inicial sufre unha serie de variacións para que o Campionato quede máis atractivo posible para todas e todos os participantes.
- FASE DE LIGA: Todos os equipos competiran nunha fase única con partidos a un set de 11 puntos, os puntos fanse independentemente de quen posúa o saque nese momento. Para gañar o partido a diferencia de puntos entre os equipos terá que ser de dous puntos ata un máximo de 15 puntos, chegado o caso equipo que chegue a 15 puntos será o vencedor. Esta fase de competición constará de 9 partidos para cada equipo e determinará quen pasa as eliminatorias da categora iniciación e da categoría avanzada na que os niveis dos participantes xa estarán máis axustados.
- FASE DE ELIMINATORIAS INICIACIÓN/FASE DE ELIMNATORIAS AVANZADA: Nesta fase de competición os participantes dividiranse en 2 grupos que quedarán configurados despois da fase de liga. Os 5 primeiros participarán na fase final da categoría avanzada e os 5 últimos participaran na fase final da categoría de iniciación.
- Nesta parte da competición os partidos de cuartos de final xogaranse igual que na anterior fase, pero as semifinais e finais xogaranse ao mellor de 3 sets a 11 puntos, os puntos fanse independentemente de quen posúa o saque nese momento. Para gañar os set a diferencia de puntos terá que ser de dous puntos ata un máximo de 15 puntos, chegado o caso o equipo que faga 15 puntos será o vencedor.
- Na fase de iniciación xogarase un partido previo de cuartos entre o 9º e o 10º clasificados. As semifinais xogaranse entre o equipo gañador dese partido e o 6º e a outra semifinal a xogarán os equipos que quedaron na fase anterior 7º e 8º.
- Na fase de avanzada xogarase un partido previo de cuartos entre o 4º e o 5º clasificados. As semifinais xogaranse entre o equipo gañador dese partido e o 1º e a outra semifinal a xogarán os equipos que quedaron na fase anterior 2º e 3º.
Data: 22 de abril de 2026.
Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
Lugar: Pista exterior de patinaxe da USC.
Categorías: Iniciación e avanzada.
Nº de equipos: 16 equipos por categoría.
Inscrición no campionato:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- A inscrición será gratuíta.
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Materiais:
A organización dispoñerá de pas e pelotas para prestar durante os encontros e/o actividades. Non é necesario adquirir material previo.