Data: 1 e 2 de abril.
Horario: Posibilidade de elección de franxa horaria.
Lugar: Pista exterior de patinaxe da USC.
Categorías: Absoluta mixta e veteranos mixta
Nº de equipos: 16 equipos.
Inscrición no campionato:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- A inscripción será gratuita.
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- O nome do equipo que se inscriba terá como máximo 20 díxitos, e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bases:
Este torneo disputarase con eliminación dobre, é dicir, que as parellas apuntadas que perdan en primeira rolda pasarán a xogar o “BACK DRAW”.
As parellas poderán disputar as seguintes categorías:
Respectando os criterios, as parellas poderán apuntarse en máis dunha categoría. Durante cada etapa, quen non tivesen experiencia previa no PICKLEBALL ou só queiran refrescar os coñecementos previos, poderán participar das xornadas de “Portas Abertas” momentos previos antes de comezar o torneo.
Esta actividade estaría prevista en principio para os apuntados en cada torneo e organizarase horas antes do primeiro encontro oficial.
Competición:
En canto á modalidade de xogo (sets) estará suxeita ao número de participación xeral. En función dos inscritos, será un set a 11, 15 ou 21.
Materiais:
A organización dispoñerá de pas e pelotas para prestar durante os encontros e/o actividades. Non é necesario adquirir material previo.
Indumentaria:
Aínda que o PICKLEBALL é un deporte versátil que nos permite practicalo con calquera indumentaria, recoméndase roupa cómoda de deporte e especial coidado nas zapatillas (evitar por favor solas negras de goma) sobre todo cando se xoga en pavillóns pechados, estes adoitan ser de chan de madeira.