Calendario do Campionato 3x3 e triplas.
Data: 17 de febreiro.
Horario: A partir das 16:00 horas.
Lugar: Pista central do Multiusos Fontes do Sar. Santiago de Compostela.
Categorias: Mixta.
Nº de participante: 7 persoas inscritas.
I Campionato de triplas USC-OBRADOIRO
Regulamento do torneo de triplas:
- Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- Soamente se pode inscribir persoas inscritas no torneo 3x3.
- Cada equipo pode inscribir soamente unha persoa para o torneo de triplas.
- Xogarase con 3 balóns.
- Cada participante terá que acceder a pista con dúas persoas do seu equipo 3x3 que lle faciliten os balóns.
- O tempo nas dúas categorías será de 1 minuto e medio para cada participante.
- Existirán 5 postas de tiro con 5 tiros en cada unha delas.
- Cada participante comezará por calquera das dúas esquinas con 5 tiros, e avanzarase progresivamente sen deixar ningunha posta sen realizar os tiros correspondentes.
- Todas as triplas encestadas puntuarán 1 punto.
- En caso de empate tanto en primeira ronda como nas semifinais, se xogará o desempate a un único tiro por posición en 30 segundos.
- Pasan da primeira ronda as 4 persoas que máis triplas marquen.
- Pasan da semifinal as 2 persoas que máis triplas marquen.
- As persoas que máis puntos marquen elixiran en que posto da ronda seguinte tiran.
- A persoa gañadora do torneo de triplas o día 12 de marzo do 2025 no partido do Obradoiro vs Menorca, recibirá o trofeo de mellor triplista e xogará un 1vs1 (triplas) contra unha lenda do Obradoiro, será o esperado regreso de Alberto Corbacho a pista do Multiusos do Sar.
- A organización resérvase o dereito de realizar calquera tipo de modificación para o correcto funcionamento do torneo.