MEMORIA FOTOGRÁFICA
Data: 27 de marzo.
Horario: de 10:00 a 18:00 horas.
Lugar: Padelprix. Polígono de Costa Vella. Santiago de Compostela.
Inscrición: Gratuíta.
Categorías: Única (aberta a calquera nivel, xénero e idade)
Nº de equipos: Máximo 16 equipos.
Inscrición ao campionato:
-Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Regulamento:
- O campionato desenvolverá a fase de grupos en horario aproximado de 10:00 a 15:00 horas e a fase final de 15:00 a 18:00 horas.
- Todos os participantes teñen que estár 15 minutos antes do comezo dos seus partidos.
- Está confirmada a participación de 16 equipos.
- O campionato constará dunha fase de grupos e unha fase final.
- Fase de grupos: 4 grupos de 4 equipos (configuración da fase de grupos)
- Fase final: Os gañadores dos grupos pasarán a unha fase final (semifinais e final)
- Os partidos da fase de grupos disputaranse a 9 xogos con punto de oro (con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos).
- Os partidos da fase final son ao mellor de 3 sets con punto de oro, no caso de empate a un set, o terceiro set se xogará un super tie break a 10 puntos, nese caso para gañar o set e partido terá que ter unha diferencia de dous puntos ou máis para gañalo.
- Se algún equipo non se presenta o resultado do partido será de 9-0 no caso da fase de grupos e dobre 6-0 a favor do equipo que se presenta.
- Aos equipos que pasen a fasen a fase final, a organización proporcionaralles unha bolsa de picnic, para poder continuar o campionato sen grandes interrupcións.
- O equipo gañador do partido, encargarase de recoller as bolas para entregarllas a organización e proporcionaralle o resultado final do partido.
Material necesario:
- Pala de pádel.