Se queres federarte na sección de atletismo do Club USC debes poñerte en contacto co coordinador da sección Javier Ángel Castro Montero. Non se tramitarán licenzas nacionais. O pago da cota de atletismo inclúe a licenza federativa e o seguro deportivo 2024, así como, da categoría sub 18 en adiante, a práctica libre no Estadio de Atletismo.
Importante:
Cada atleta farase cargo do pago dos importes facturados pola FGA correspondentes ás súas inscricións e ás súas sancións, a través da cota que se xerará a nivel interno na súa conta. De non realizarse o pago a/o atleta non poderá acceder á pista e, de selo o caso, á SAF.
Escola de Atletismo.
A licenza é anual (de 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2024).
Federación Galega de Montañismo.
A tempada comeza en xaneiro. O club USC de Orientación participa na Liga Galega. O abono da cota inclúe a licenza e o seguro deportivo da tempada 2024, así como o uso do Estadio de Atletismo. Ligazóns de interese: FEGADO www.fedo.org Blog do club USC
Coordinador: Roberto Martínez Cacabelos (Fundación USC). O club participa nos Campionatos Galegos por Equipos (categoría infantil e superiores). O abono da cota inclúe, entre outras cousas, a licenza e o seguro federativo da tempada 2023-2024. A licenza para a tempada 2023/2024 ten vixencia de outubro de 2023 a setembro de 2024. Escola de Tenis (nivel experto).
O club USC de Xadrez ten equipos en división de honra, 1ª e 2ª división da Liga Galega.
O club está aberto a novas incorporacións para a tempada 2024.
Escola de Xadrez.