En que consiste Na práctica de actividade físico deportiva individual e autodirixida co fin de mellorar e manter unha condición física saudable. Destinatarios • Categoría A maiores de 16 anos. • Deportistas do club USC maiores de 16 anos. É imprescindible o rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC. Onde se pode facer Na Sala de Acondicionamento Físico (SAF), situada no Complexo Deportivo do Estadio de Atletismo, e no espazo anexo interior do corredor inferior habilitado como extensión desta sala. Pódese utilizar, complementariamente, na mesma sesión, a pista de atletismo e os corredores interiores, sempre que non estean reservados para outras actividades. Todos os espazos e equipamentos se deberán utilizar conforme ás súas normas de uso. Equipamento dispoñible Máquinas de cardio, forza e peso libre. Material auxiliar: colchóns, espaleiras, etc. Servizo que se ofrece A Universidade de Santiago de Compostela pón a disposición dos usuarios: • unha completa supervisión do traballo en sala; • programas estándar de adestramento que poderán atopar na sala e seguir en función dos seus intereses, elaborado por persoal técnico especializado da Fundación USC; • a posibilidade de ser instruídos polo persoal en sala no uso do equipamento e no seguimento dos programas de exercicio. Como se accede Mediante unha “reserva de uso”. A reserva de uso é unha entrada para unha data e horario concreto que as persoas usuarias deben adquirir previamente por internet. Pódense adquirir entradas soltas, bonos de 5 e 10 usos ou abonos temporais de 30 días ou de curso completo. Unha vez adquirido o bono ou o abono temporal deberase concretar cada reserva de uso que se queira facer. Só se pode facer 1 reserva de uso por día. O máximo de reservas de uso que se poden realizar son 3 (en canto se desfrute unha e estean 2 pendentes de uso xa se pode facer outra) e cunha antelación máxima dunha semana.
Con, polo menos, 1 hora de antelación pódense realizar cambios ou anulacións das reservas de uso, dende a conta de usuario, ou, en caso necesario, chamando por teléfono á conserxaría da instalación (881815224).
A non asistencia a unha reserva de uso, sen xustificación, conleva unha penalización de 4 días sen poder realizar unha nova reserva. A solicitude de xustificación dirixirase á Área Deportiva, mediante correo electrónico ao enderezo deporsec@usc.es, acompañando documentación xustificativa.
A reserva de uso implica a ocupación dunha praza da capacidade máxima dos espazos ou equipamentos da sala. Tempo de uso e horarios A reserva de uso farase para unha franxa de duración máxima de unha hora e media, de luns a sábado. A franxa horaria marca os límites de permanencia nas salas deportivas realizando a actividade, podéndose acceder á instalación e abandonala cunha ampliación de 15 minutos antes e despois para uso de vestiarios.
O uso dos vestiarios deberá ser áxil para facilitar a afluencia sen sobrepasar a capacidade. Pódense consultar os horarios previstos para cada época do ano mediante os botóns de "Ver cuadrante instalación" ou "Reservar sesión" na parte superior desta páxina.
Ver aquí.