Ver aquí.
Importante: xuño, recuperación de clases.
Este alumnado pódese matricular desde o día 01 de setembro de 2024.
Obxectivos xerais:
Fomentar a práctica do tenis entre a comunidade universitaria e a poboación local.
Crear unha escola aberta a todos os segmentos da poboación.
Mellorar o nivel tenístico do alumnado.
Dar a coñecer os beneficios que a practica de actividade física ten para a saúde das persoas, tomando coma ferramenta a práctica do tenis.
Profesorado: Fundación USC.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 25 sesións, ver convocatoria.
Notas: Consultar detalles sobre descontos, pagos, prazos de inscrición, matrícula e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Os importes publicados corresponden a fraccionar os pagos (3 ao longo do curso deportivo).