Ver aquí.
Información importante. Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:30, aproximadamente. Lonxitude: 17 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Visitamos por primeira vez o concello de Avión para facer unha ruta circular que comeza e remata na capital do concello. É unha ruta de paisaxe diversa, que pasa por zonas altas de pasteiros que proporcionan fermosas vistas sobre a comarca, bosques dunha enorme beleza e tramos de río moi ben conservados. Os camiños en xeral son bastante bos, pero pode haber lama en caso de choivas. Un pequeno tramo pasa preto do encoro de Albarellos, creado no seu día para a produción de electricidade.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.