Ver aquí.
Información importante. Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:30, aproximadamente. Lonxitude: 19 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Viaxamos ata o concello de Cea para facer unha fermosa ruta por diferentes ríos e bosques da contorna. Se hai algo polo que é coñecido este concello, entre outras cousas, é polo seu pan, o famoso pan de Cea, con denominación de orixe protexida. Se queredes comprar unha boa peza de pan ese día témolo que encargar, doutro xeito será moi difícil conseguilo. Os interesados en mercar o pan, logo de anotarvos na actividade, tedes que chamar á Área Deportiva e indicar que vos anoten para reservalo. Cando chamedes tedes que indicar, nome, apelidos e número de pezas, antes do 8 de febreiro ás 14:00
O itinerario, que é circular, comeza e remata en Cea, pasa polos ríos Mirela, Arenteiro e Marañao. Non ten excesivo desnivel nin maiores dificultades, salvo algúns tramos dos ríos nos que o sendeiro está algo desfeito debido á última época de intensas choivas que houbo este inverno. En caso de chover ese día ou os días previos pode haber moita lama nos camiños. A ruta tamén pasa por algunhas pequenas aldeas e zonas boscosas ben conservadas.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.