O bono posibilita a inscrición en cada unha das rutas dun día programadas pola Área Deportiva (sempre dentro dos períodos de inscrición establecidos). Poderase utilizar o bono (ata un máximo de 3 usos) en rutas de máis dun día, descontando por cada uso, exclusivamente, o importe correspondente a unha ruta dun día. A vixencia do bono vai de setembro do ano en curso ata o 31 de xullo do ano seguinte, unha vez rematado ese período perderanse os usos non consumidos.