CLAUSURA ESCOLA DE TENIS
Datas: 13 (mañá e tarde) e 14 (mañá) de Xuño
Destinatarios: alumnado con matricula en vigor.
Carácter: voluntario.
Contidos do módulo
Obxectivos xerais:
- Poder aplicar en situacións de xogo real (en condicións similares ás que se poderían atopar en unha competición, nun adestramento ou de xeito recreativo) o aprendido en clase.
- Facilitar unha ferramenta coa que poder autoavaliar na práctica o grado de evolución e desenvolvemento dos coñecementos adquiridos en clase.
- Proporcionar momentos satisfactorios e unha motivación intrínseca.
- Realizar un acto de fin de curso que sirva como despedida, permitindo a confraternización e a interactuación entre todos os participantes para estreitar ou crear vínculos novos entre eles.
- Incrementar o grao de implicación coa escola.
Profesorado: Fundación USC.
Recoñecemento da participación: como colofón da clausura, nada máis rematar as finais e nas propias pistas, entregaráselle unha medalla conmemorativa a cada participante.
Destinatarios: alumnado maior de 18 anos.
Contidos:
1ªFASE. FORMATO LIGA (inicio 16 febreiro- remate aproximado 18 de maio )
Os partidos e a puntuación, disputarase 1 partido por semana, aprazable por causa debidamente xustificada (no calendario indicarase o día que comeza a semana na que debe disputarse o partido; o alumnado que acumule máis de 2 semanas de retraso sen causa xustificada será dado de baixa; os retrasos xustificados de máis de 15 minutos suporán a perda do partido e os retrasos inxustificados descontarán 5 puntos na clasificación).
Os partidos disputaranse a 9 xogos (con tie break a 7 puntos en caso de empate a 8 xogos).
Cada partido gañado sumará 3 puntos para a clasificación xeral e por cada 10 xogos a favor engadiranse 2 puntos extra.
Pasan a fase final, os 4 primeiros da categorías individual masculino e feminino.
Na categoría de parellas, pasan directamente á final os primeiros e segundos da liga
Os resultados e a clasificación xeral publicaranse na aplicación da Área Deportiva da USC (tamén poderase acceder a eles a través da súa páxina web).
FASE FINAL ELIMINATORIA
As semifinais e finais celebraranse os días 6-7 de Xuño.
Os partidos de semifinais das categorías individual masculino e feminino, disputaranse a 9 xogos (con super tie break en caso de empate a 8 xogos) enfrontando 1º vs 4º e 2º vs 3º.
Nas finais os partidos disputaranse a 3 sets (super tie break no terceiro).
A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de realizar calquera tipo de modificación para un funcionamento correcto da competición.