Ver aquí.
Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 20:00, aproximadamente. Lonxitude: 15 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Volvemos a visitar unha das zonas de costa máis bonitas que hai en Galicia: a Costa da Vela. A ruta comeza en Hío, parroquia do concello de Cangas moi coñecida polo seu cruceiro (ano 1872, José Cerviño), situado na praza do Santo André diante da igrexa. Saímos do pobo e por camiños empedrados achegámonos ao alto do Facho de Hío, ao cal ascendemos. Dende aquí xa nos vamos facendo unha idea das fermosas paisaxes que imos ter durante toda a xornada. Seguimos o camiño e máis adiante acadamos o Monte do Facho (de Donón), xa pegado ao mar con 184 m de altitude e co seu impresionante castro. Dende aquí xa vemos sen problema as illas Cíes e Ons. Seguimos camiñando e cruzamos o lugar de Donón e collemos a senda costeira que nos leva a zona da praia de Melide. Aquí, en pouco máis de un quilómetro vemos tres fermosos faros: o de Cabo Home, Punta Robaleira e Punta Subrido. As vistas son impresionantes. O camiño lévanos ata a praia de Barra e un pouco máis arriba de Viñó rematamos a xornada.
A idea é parar a xantar ao carón da praia de Melide aproveitando a sombra dos seus piñeirais. Se se dan as condicións e houbese tempo pode ser un bo punto para refrescarse na praia.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas de 1 día, ver convocatoria.