Ver aquí.
Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 20:30, aproximadamente. Lonxitude: 16 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Imos ao concello de Crecente a facer un variado percorrido pola parroquia de Rebordechán. A ruta comeza na igrexa de Santa María, no núcleo da parroquia. Saímos da aldea en constante ascenso durante uns quilómetros ata chegar ao Marco, case no Alto da Serra. Dende aquí gozamos dunhas fermosas panorámicas dos concellos próximos así como do val que forma o río Miño (este tramo pertence ao encoro da Frieira).
Logo comezamos a descender novamente ata chegar a aldea outra vez, e de ahi seguimos ata cruzar a vía do tren e achegarnos á beira do Miño. Unha vez aquí atravesaremos un fermoso bosque de ribeira moi preto río ata chegar ao lugar de Parada. Un pouco máis adiante chegamos ao rego de Chedeiro, onde un sendeiro nos leva entre numerosos muíños. Ao pouco, e logo dunha última subida, chegamos novamente a Rebordechán.
A ruta non ten moitas dificultades, pero ten certo desnivel, e algún tramo de sendeiro estreito no que hai que ir con coidado. E destacable o estado de conservación dalgúns bosques que se ven durante o percorrido.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas de 1 día, ver convocatoria.