Ver aquí.
Información importante. Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:00, aproximadamente. Lonxitude: 13 km. Desnivel: baixo-medio. Dificultade: baixa-media.
Esta ruta lévanos por algúns dos lugares máis bonitos do concello de Piñor, percorrendo ribeiras, bosques, zonas agrícolas, aldeas...os ríos Arenteiro e Mirela cobran un especial protagonismo. A paisaxe durante o itinerario é variada e tamén hai interesantes mostras de patrimonio nas aldeas polas que pasaremos. Quizais o elemento máis destacable sexa a antiga fábrica de papel de Lousado.
O percorrido non ten maiores dificultades, os camiños son bos, pero sempre pode haber tramos máis ou menos incómodos en caso de haber lama.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.