Ver aquí.
Información importante. Hora e lugar de saída: 09:00. Desprazamento en autobús, diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 19:00, aproximadamente. Lonxitude: 15 km. Desnivel: medio. Dificultade: media.
Visitamos o concello de Cenlle para facer unha interesante e variada ruta de sendeirismo que comeza e remata na beira do río Miño, á carón da igrexa de Santa Baia de Laias e o balneario. A ruta lévanos primeiramente río abaixo. Nesta zona o río forma parte do encoro de Castrelo de Miño. Ao pouco o camiño sepárase do río e lévanos á parroquia de Santa María de Razamonde. Dende aquí comeza unha subida cara o monte de San Trocado, aínda que non acadaremos o seu cumio e continuaremos a media altura do mesmo por un camiño que nos permitirá gozar dunhas fermosas panorámicas do Miño e dos concellos lindeiros: Toen, Castrelo de Miño, Arnoia... Mais adiante o camiño lévanos novamente ao Miño e, seguindo o seu curso. chegamos ao final da ruta.
Se hai algo que caracteriza esta ruta é a súa paisaxe.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.