Información importante. Hora e lugar de saída: 10:00 h.. Saída desde diante da piscina universitaria. Hora de finalización: 14:00, aproximadamente. Lonxitude: 7 km. Desnivel: baixo-medio. Dificultade: baixa. Un ano máis xuntarémonos para facer a xa tradicional ruta de Fin de Ano. Nesta ocasión saímos camiñando dende Santiago, xa que o noso obxectivo é o cumio do Pedroso. A actividade comeza cruzando a carballeira de San Lourenzo ata o río Sarela. Faremos un treito do río para logo subir a Bar de Abaixo. Unha vez aquí entraremos na Selva Negra para, pouco a pouco, subir ata o cumio do monte, onde temos unha fermosas vistas da cidade. O regreso farémolo pola Granxa do Xesto e as Casas Novas ata o Sarela novamente. Dende ahi regresaremos ao campus pola capela do Carme. As 12:00 da mañá celebraremos as badaladas, polo que si queredes podedes levar algo de turrón ou algunha vianda que se vos ocorra. Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.