As persoas que presenten calquera síntoma ou sospeita de estar infectadas co virus da COVID-19 ou de ter estado en contacto con persoas infectadas ou baixo sospeita de estalo deben absterse de matricularse nesta actividade e poñer o seu caso en coñecemento das autoridades sanitarias. Protocolo COVID-19 para as actividades físico deportivas dirixidas: consultar; este protocolo irase actualizando en función das medidas publicadas polas autoridades sanitarias.
Información xeral:
Esta actividade persegue fomentar o contacto entre persoas que poden pertencer a nacionalidades e culturas distintas.
Ao mesmo tempo, estes encontros fóra de aula teñen o obxectivo de exercer unha actividade saudable mediante excursións curtas a pé para coñecer lugares de interese da nosa cidade e do noso entorno galego.
As andainas fanse en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, a Fundación USC, Voluntariado da USC e estudantes en prácticas.
Información sobre esta andaina:
Data: 21 de abril
Hora de saída: 16:30 h.
Hora de remate: 18:30 h.
Lugar de saída e remate: Praza de Cervantes.
Lugares a visitar: Parque da Almáciga, Bonaval e Cervantes.
Prazas: máximo 15, mínimo 8. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC).
Andainas lingüísticas - Actividades CLM TÁNDEM - USC
Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.
Ver aquí.