Saltar ao contido principal
Inicio  » Servizos  » Servizo de Normalización Lingüística  » bUSCatermos
bUSCatermos

Como buscar...

Palabras ou denominacións completas

Escríbaas no recadro superior (ex. banda ancha ou banda).

Fragmentos de denominacións ou de palabras

Use * para substituír un ou varios caracteres da súa busca (ex. banda a*).

Limitando a busca con outros criterios

Se quere filtrar a súa busca por lingua, tipo de palabra, área temática... opte pola busca avanzada.
 

Axuda detallada
 

Aplicacións derivadas

Aplicación para dispositivo móbiles

É posible consultar bUSCatermos desde teléfonos intelixentes e tablets, grazas ás aplicacións desenvolvidas tanto para o sistema operativo Android como para iOS (esta última, cortesía de Taptil).

Complemento para Firefox

Este complemento, obra de Antón Méixome, permite procurar en bUSCatermos directamente desde a caixa de busca dese navegador.

 

Máis informacion do servizo web


Novas

13/03/17 Glosario inglés-galego de conceptos pictóricos

Incorporamos a bUSCatermos o "Glosario inglés-galego de conceptos pictóricos: movementos, estilos, escolas, técnicas e xéneros", baseado no proxecto de fin de carreira de Ana Rozados Gómez, no que se recollen e definen perto de 150 conceptos relacionados con esta disciplina artística.

14/11/16 Léxico panlatino dos sistemas fotovoltaicos

Un novo vocabulario multilingüe incrementa a nosa base de datos. Desta vez incorporamos o Lessico panlatino dei sistemi fotovoltaici: un traballo editado pola Università Cattolica del Sacro Cuore, que recolle case 200 conceptos co italiano como lingua principal, pero con equivalentes en catalán, español, francés, galego, italiano, portugués, romanés e inglés).

03/11/16 Vocabulario panlatino dos sistemas de transporte intelixentes

Xa se pode consultar a través de bUSCatermos o Vocabulario panlatino dos sistemas de transporte intelixentes: un traballo editado pola Office québécois de la langue française, que recolle case 300 conceptos en 7 linguas (francés, catalán, español, galego, italiano, portugués e inglés).

04/02/16 Vocabulario de criminoloxía

Engadimos hoxe case 2000 novos rexistros procedentes do Vocabulario de criminoloxía (galego-español-inglés) que o SNL vén de editar en colaboración co Instituto de Criminoloxía da USC.

24/09/15 Vocabulario panlatino de desenvolvemento sustentable

Volvemos engadir un novo glosario a bUSCatermos. Desta volta foi este vocabulario en oito linguas que a rede Realiter editou este mesmo ano, e cuxa parte galega é obra do grupo TALG (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega) da Universidade de Vigo.

27/03/15 Termos esenciais de dereito mercantil

Incorporamos un novo glosario. Desta vez trátase dos Termos esenciais de dereito mercantil (galego-español) que o SNL acaba de presentar hoxe mesmo.




 
 
 
 

O deseño e o desenvolvemento desta aplicación de consulta foi financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Secretaría Xeral de Política Lingüística