Saltar ao contido principal
Inicio  » Servizos  » Servizo de Normalización Lingüística  » bUSCatermos
 »  Axuda

Novas

 

Incorporamos Nomes galegos das aves de Galicia e de España

[07/01/26]

Acabamos de integrar os contidos desta nomenclatura oficial de aves editada en 2025 pola Real Academia Galega, fusionándoos coa información previa xa dispoñible en bUSCatermos e conectándoos coas entradas correspondentes da Galipedia.

Engadimos catro vocabularios de novos deportes olímpicos

[02/06/25]

Xa temos en bUSCatermos os contidos destes glosarios multilingües que elaboramos en 2024 no marco de Realiter, e que completan a colección que comezaramos en 2023 co Vocabulario panlatino de rugby.

O Vocabulario panlatino de rugby incorpórase a bUSCatermos

[10/11/23]

Os contidos deste glosario plurilingüe, elaborado dentro da rede Realiter, xa están integrados na base de datos e poden ser consultados a través do buscador web.

Incorporamos os Termos esenciais de dereito procesual a bUSCatermos

[09/05/23]

Os contidos deste glosario bilingüe xa se poden procurar a través deste banco de datos.

Vocabulario panlatino do dixital: ataques e devasas, consultable en bUSCatermos

[01/03/23]

A información terminolóxica recollida neste glosario multilingüe pode xa consultarse a través de bUSCatermos.

Os Termos esenciais de xestión universitaria, consultables en bUSCatermos

[16/03/22]

A información terminolóxica recollida neste glosario cuadrilingüe galego-español-inglés-catalán xa está accesible para consulta en bUSCatermos.

Os Termos esenciais de logopedia e audioloxía, consultables en bUSCatermos

[01/06/20]

A información terminolóxica recollida neste glosario trilingüe galego-español-inglés xa está accesible para consulta en bUSCatermos.

Incorporamos dous novos glosarios panlatinos

[30/09/19]

Xa se poden consultar íntegros en bUSCatermos o Vocabulaire panlatin de sémiologie psychiatrique: les phobies e o Lessico panlatino della Smart City, elaboradas ambas dentro da rede de terminoloxía Realiter e que contan co galego entre as súas linguas de traballo.




 
 
 
 

O deseño e o desenvolvemento desta aplicación de consulta foi financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Secretaría Xeral de Política Lingüística