Período de realización: Dende o 10 de febreiro ata o 10 de maio.
Horario dos partidos: dende as 08.00 ata as 24.00 horas.
Lugar: AC Pádel Lugo - Polígono do Ceao ( Rúa dos Carros 59) Lugo.
Inscrición: Gratuíta
Categorías: Única (aberta a calquera nivel, xénero e idade)
Nº de equipos: Máximo 24 equipos.
Inscrición ao campionato:
- Todas as persoas participantes teñen que ser da Comunidade Universitaria da USC.
- Todos os participantes teñen que estar inscritos na aplicación de pádel PLAYTOMIC
- Non existe limitación de xénero na composición dos equipos.
- Para poder inscribirse, todas as persoas participantes, deberán rexistrarse antes como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.
- A persoa capitá responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo.
- A persoa capitá dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto dos compoñentes do equipo, e terán, que inscribirse mediante a ligazón enviada.
Bolsa de xogadoras/es:
No caso de estar interesada/o en inscribirte no campionato e non tes parella, podes inscribirte na bolsa de xogadoras/es.
Regulamento.
- Dependendo dos equipos que se inscriban, desenvolverase un campionato intentando que se xoguen o máximo de partidos posible e o máximo de tempo. O sistema publicarase o día seguinte o remate de inscrición dos equipos.
- Todos os participantes teñen que estar 15 minutos antes do comezo dos seus partidos.
- Os partidos desenvolveranse o mellor de tres sets, para o cal tedes que facer unha reserva de hora e media de instalación.
- Se algún equipo non se presenta, o resultado do partido será de 2-0 a favor do equipo presente na pista, nas dúas primeiras fases.
- Os capitáns dos equipos, serán os encargados de poñerse de acordo para celebrar o partido de cada semana e reservar a pista en AC Pádel . O calendario será mandado cada semana pola Área Deportiva da USC os capitáns dos equipos.
- O importe a pagar pola instalación por cada partido de hora e media é o seguinte:
De luns a venres de 08.00 ata as 09.30 h., 0 €/pista.
De luns a venres de 09.30 ata as 17.00 h., 0 €/pista.
De luns a venres de 17.00 ata as 22.00 h., 16 €/pista.
De luns a venres de 22.00 ata as 00.00 h., 13 €/pista.
Os fins de semana, o prezo é de 9 €/pista.
Material necesario:
- Pala de pádel e bolas para xogar.
Período de realización: Dende o 16 de febreiro ata o 10 de maio.
Lugar: Pistas de tenis do Palomar, reservas no teléfono 680 560 148 polas tardes.
Regulamento:
- O torneo celebrarase en dúas fases, unha en grupos de catro xogadores que se enfrontarán en sistema de liga, e a segunda fase será eliminatoria.
- Os xogadores terán que poñerse de acordo no horario para xogar o partido dentro de esa semana, reservando eles a instalación no teléfono 680 560 148 en horario de tarde.
- O calendario sairá publicado unha vez se peche o prazo de inscrición.
- Todos os xogadores teñen que ser membros da comunidade universitaria e teñen que estar inscritos na aplicación de deportes da USC.
- Os xogadores teñen que levar as pelotas e as raquetas para poder xogar.
- Os partidos serán o mellor de tres sets.