Información importante Hora e lugar de saída:
Hora de finalización:
Lonxitude: 9,8 km. Desnivel: baixo Dificultade: baixa
Política de anulación e devolución de importes aboados: A USC soamente devolverá o importe aboado por baixa solicitada antes do penúltimo día hábil anterior á ruta (mércores ata as 23:59 h.)
Nesta xornada nos desprazamos á cidade de Lugo para visitar a Domus do Mitreo. A visita dura media hora. En caso de ser un grupo moi numeroso, este dividirase.
Despois iremos no bus ata o próximo concello de Outeiro de Rei onde faremos unha fermosa ruta polo río Miño abaixo. Comenzando no concello nos achegamos ata a área de lecer de Santa Isabel. Neste punto podemos ver a variada biodiversidade do bosque de ribeira e tamén o punto onde o río Ladra se une ao Miño. Un pouco máis adiante o camiño se separa do río, e chegamos ao lugar de Robra, logo regresamos novamente ao río e nos achegamos ao caneiro do Piago. Seguimos río abaixo e cruzamos á outra beira pola ponte da estrada de Martul. Mais adiante poderemos cruzar á illa de Seivane, unha xoia de biodiversidade no medio do Miño. Para chegar a ela temos que pasar por unha longa ponte colgante. Pola illa faremos un percorrido de 1,5 km. Seguimos despois pola senda ata achegarnos ao lugar de Pazo onde regresamos a Piago e damos por rematada a actividade. O río, os bosques e a biodiversidade son os puntos fortes desta ruta. Non ten dificultades, pero si podería haber lama. Hai tamén tramos de asfalto.
*A visita á Domus ten un custe de 3,30 euros por persoa, que hai que pagar alí mesmo o día da actividade
Co fin de fomentar a Escola de Sendeirismo no Campus de Lugo, poñeremos un autobús que partirá de Santiago a Lugo. A volta será Outeiro de Rei-Lugo-Santiago.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta. Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC). Créditos ECTS: 1 crédito por cada 6 rutas ou roteiros, cun mínimo de 4 rutas de 1 día e máximo de 2 roteiros, ver convocatoria. Notas: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.