bUSCatermos dispón dun servizo REST para favorecer a integración con outras aplicacións. O seu enderezo é:
https://aplicacions.usc.es/busctermos/publica/rest/buscatermosService/listaBuscas/
O servizo ofrece tres consultas: busca xeral de entradas, ficha básica dunha entrada e ficha completa dunha entrada.
Permite obter unha lista de resultados a partir dun conxunto de criterios que se detallan na URL da consulta. A aplicación define unha pequena linguaxe de busca para combinar criterios. Esta linguaxe permite definir búscas análogas á funcionalidade de busca avanzada da interface de usuario pública. Os criterios que se aplican á busca inclúense como parámetro da busca nun obxecto JSON serializado en base64. O servizo devolve a lista de resultados como un documento XML.
Un exemplo de chamada de busca é:
https://aplicacions.usc.es/buscatermos/servizo-consultas/rest/buscaServizo/listaTermos/eyJyZXhpc3Ryb3NQb3J...
onde o obxecto de busca é:
{
"buscaSimple":true,
"naDefinicion":false,
"naDenominacion":true,
"nasNotas":false,
"comezaPor":"",
"conten":"cadeira",
"remataEn":"",
"codigoLingua":"",
"idClasePalabra":0,
"marcaValoracion":-1,
"idsAreaTematica":"",
"idsAreaTematicaFilla":""
}
A seguir incluímos un fragmento da resposta:
5827102
Xeral
;23;
abalo
GL
abalo
ES
flujo de la marea
ES
español
2437712
5729379
;1;
;abalo;
5
6031223
Ciencias da terra > Ciencias xeolóxicas
;3;40;
abalo
GL
abalo
ES
subida de la marea
ES
español
2497470
5789137
;1;
;abalo;
4
...
Débese incluír o identificador no concepto na consulta incorporando o parámetro idConcepto. A información que se presenta no XML é a mesma que na ficha de resumo dunha entrada.
Presenta a información completa dunha entrada de forma que se inclúe toda a información que se presenta na ficha ampliada da interface de usuario.
Para coñecer as condicións de uso do servizo débese enviar unha mensaxe de correo electrónico ao Servizo de Normalización Lingüística da USC.