Para presentar a solicitude deberá identificarse mediante algún dos sistemas de identificación admitidos pola USC:
  • Estudantado de readmisión: obrigatoriamente con Usuario CAS
  • Estudantado de nova admisión:Usuario CAS, certificado dixital (FNMT), DNIe, Cl@ve ou conta de Google
O método de identificación empregado na solicitude será tamén o que deberá utilizar para consultar o seu estado, realizar modificacións (antes da presentación definitiva), achegar documentación, efectuar o pagamento da fianza e confirmar a permanencia na lista de agarda.

Unha vez recibida a solicitude, enviarase ao enderezo electronico indicado un correo cun código que poderá utilizar como medio de identificación alternativo ao empregado para facer a solicitude para realizar os trámites posteriores que precise.