SAÍDA DE MONTAÑA (DO 1 AO 3 DE NOVEMBRO). PEÑA RUEDA. QUIRÓS. PARQUE NATURAL DE LAS UBIÑAS - 05SNOVMON
Curso: 2019-2020
Campus: Santiago de Compostela
Bloque: Sendeirismo/Activid. na natureza
Instalacións onde se imparte:
DURACIÓN DA ACTIVIDADE
Inicio: 01/11/2019 Fin: 03/11/2019
PRAZOS DE MATRÍCULA ABERTOS VER TODOS OS PRAZOS
Inicio: 23/09/2019 00:00 Fin: 06/10/2019 23:59 Usuarios: Todas as categorías
LUGAR: Natureza
ÚNICO
- Máx. Inscricións 28   Mín. Inscricións 22  
TARIFAS (**) CATEGORÍA A ( € ) CATEGORÍA B ( € ) CATEGORÍA C ( € )
Saída de montaña-1 a 3 de nov. 152,00 164,00 176,00
Saída de montaña-1 a 3 de nov. + 1 bono 133,00 141,00 149,00
Saída de montaña-1 a 3 de nov. + 2 bonos 114,00 118,00 122,00
Saída de montaña-1 a 3 de nov. - tódalas categorías + 3 bonos 95,00 95,00 95,00
ABONOS
Curso Campus Nome Data Inicio Data Fin
2019-2020 Abono de 5 rutas 01/09/2019 31/07/2020 Ver +
2019-2020 Abono de 10 rutas 01/09/2019 31/07/2020 Ver +
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
Datas: do 1 ao 3 de novembro
Lugar: Quirós (Asturias)
Saída: día 1, venres, ás 07:00, diante da piscina universitaria
Regreso: día 3, domingo, ás 21:30 aprox.
Inscricións: desde o 23 de setembro ata o 6 de outubro.
A partir do 7 de outubro non se admitirán anulacións agás que a praza a anular poida ser cuberta por algunha persoa da lista de agarda (se a houbera). Se hai unha anulación con causa xustificada e non se cubre a praza vacante, poderase devolver a parte dos gastos non facturados á USC.
En caso de esgotar as prazas, establecerase unha lista de agarda. Para quedar incluido nela haberá que enviar un e-mail a deporsec@usc.es, cos datos e DNI da persoa interesada.
Aloxamento no Albergue Municipal de Arrojo en Quirós, en réxime de media pensión, polo que tendes que levar a comida para as rutas. As habitacións son con liteiras de 8, 6 e 4 persoas de capacidade.
En caso de haber alguén con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria debe comunicalo no momento de facer a inscrición
www.quiros.es/albergues-y-otros-alojamientos
Temos previsto facer tres rutas pola zona, entre elas o ascenso a Peña Rueda 2152m, unha das montañas máis bonitas deste parque natural. As outras seguramente serán pola serra de Sobia e arredores.
Como é unha actividade de montaña é preciso ter a licenza federativa correspondente, así como ter un bo estado de forma e estar acostumado a subir e baixar fortes desniveis (máis de 1000m).
Máis adiante iremos a preparar as rutas e vos poderemos dar información máis completa sobre as mesmas.
Dadas as características montañosas da zona e a época na que imos é importante prestar boa atención ás previsións meteorolóxicas.
Código de dificultade: baixa, baixa-media, media, media-alta, alta.
Profesorado: Víctor Fidalgo (Fundación USC Deportiva); mínimo: 2 persoas.
Créditos ECTS: Ver convocatoria.
Nota: Consultar detalles sobre descontos, matrícula, e reserva de dereito a favor da USC, no publicado baixo o epígrafe «Información Xeral para Escolas e Actividades» e que tamén contén outra información de interese.

INFORMACIÓN XENÉRICA
Campus de Santiago de Compostela | deporsec@usc.es | 881 81 50 71 / 15073 ||| Campus de Lugo | servizodeportes.lugo@usc.es | 9828 23584 |
Termos e condicións de uso