Documentación

VIOLENCIA DE XÉNERO
Curso: 2021-2022

Bloque: Documentación
Tipo: Categoría B
INFORMACIÓN
DESCRICIÓN Persoas que sofren violencia de xénero.
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA
Un dos seguintes documentos*:
- Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida.
- Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
- Certificación e/ou informe dos Servizos Sociais e/ou Sanitarios da Administración Pública Autonómica ou Local.
- Certificación dos Servizos de Acollida da Administración Pública Autonómica ou Local.
- Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
- Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Calquera outro que se estableza legal ou regulamentariamente.
*O documento acreditativo de dita condición deberá estar adoptado ou emitido no prazo de 24 meses inmediatamente anteriores á data de rexistro como persoa usuaria do Servizo de Deportes
DURACIÓN
A validez do abono á categoría B é por 2 anos. Pasados os 2 anos será necesario presentar a acreditación correspondente para poder renovalo.

Campus de Santiago de Compostela | deporsec@usc.es | 881 81 50 71 / 15073 ||| Campus de Lugo | servizodeportes.lugo@usc.es | 9828 23584 |
Termos e condicións de uso